26.9.06

e se non fose pola dor hoxe sería un día estupendo. falar co desfacedor de entuertos, saudar ao meu camareiro favorito, volver ás rúas de pedra, a compaña, volver a entrar nas cuarentas de zara (nas do resto do universo sempre entrei, co cal é cousa de zara, que está tallando normal)
e tamén cousas estrañas, como aquel rapaz que ía sentado diante miña no tren e despois camiñou case ao meu carón polas rúas de pontevedra. non creo que o volva ver, porque atopei a m. e xa non souben onde se metera, co cal non lle podo pedir permiso para colgar esta foto súa. e quedei coas ganas de preguntarlle se era artista ou se estudiaba belas artes simplemente. (levaba un carro cun lenzo dentro, e tiña cara de ser unha persoa realemente interesante). sempre me bota para atrás o estúpido medo a non sei que. a próxima vez, queda prometido, pregunto.

{nunca te sentíches gilipollas ao anunciar algo importante na casa e que pasen de ti? creo que me farían moito máis caso se dixese que me caso, que merquei un pantalón ou que rompín unha unlla...}

12 comentários:

Anónimo disse...

Espero que a túa "visita" fose todo o productiva que agardabas.

Por certo, non me podo crer que non te achegases ó rapaz... a que tiñas medo? a que fose borde? a que te mirase mal? non sei, as veces penso que é peor quedarse coa dúbida de... que me diría?

{Ahhh...eu teño ganas de que me contes algo, importante ou non; simplemente que me contes}


bikiño*

Anónimo disse...

Cualquier día te denuncian, no conoces el concepto de derechos de imagen?

Estas colgadísima

X disse...

Fas ben en publicala, quen sabe, ao mellor el tamén te le, e non ten deses medos teus, e vai el, e se achega :)

oko disse...

profundoronsel, non sei se foi medo, máis ben medo a quedar mal, a que non respostase, eu que sei... os artistas son impredicibles... do resto... xa che contarei...
anónima, se tivese medo a que me denuncien, xa non faría foto ningunha. nesta vida hai que arriscar
x, se el lese este blog, quizais me tomase por tola, simplemente
os alumnos, paréceme máis ben vulgar o voso meme. non sei a conto de que ven. pero se só é para que lea esa contestación, moi ben, xa o fixen. e agora que? teño que opinar?

Anónimo disse...

é de belas artes? seguro que o coñece miña irmá! ^^ imaxino que non mo vas dicir se che pregunto (iso tan importante, xa o terías contado no blog), pero teño curiosidade... de todos xeitos, igual si que é algo importante, pero non tan grave como ti penas. non sei se me expliquei ben

Anónimo disse...

joer, como me afecta a gripe que xa non me deixa poñer o meu nome!! fun eu a de antes xD

oko disse...

aultre, é que non sei nada del. só sei a cara que tiña e como iba vesttido. supoño que seía de belas artes porque iba cun lenzo no tren...
cando estea contigo xa cho conto todo, que agardo que sexa pronto!!!

oko disse...

e cóidese!

Anónimo disse...

ufff, pois a ver cando vos fago unha visita pq a cousa este ano está moi moi moi chunga... :( pero ben. xa inventaremos algo! ;)

Anónimo disse...

ai!!! que non me fixara que é o paisano da foto!!!!!!!!!! pillabana...jiji

e paparazzi!!!! jojojo

Ra disse...

Cuanta gente nos cruzamos capáz de intrigarnos en 5 minutos...sí, sí, la imagen tenía buena pìnta. Artista fijo. Saludo!

Blogger disse...

Come and see how 1,000's of individuals like YOU are making a LIVING by staying home and are living their dreams TODAY.
SUBSCRIBE FOR FREE