30.9.06

e xa.

marchei con un feixe de notas de prensa baixo o brazo e dous enderezos de correo electrónico, firme a promesa de enviar un par de fotos tunecinas. quizais aínda non son consciente de que marchei, ou de que non é deixalos a eles, senón a un xornal de merda, e que non teño porque deixar de velos, que para algo están os bares.
morey preguntábase de cantas pequenas mortes estaba feita a vida dun home. eu diría que cada marcha é unha pequena morte, porque vas deixando moitas cousas atrás, aínda que leves moitas outras contigo. esta foi, nalgún sentido, unha pequena morte. non só polo sentimentalismo de deixar a xente atrás. tamén porque, en certo sentido, é deixar atrás marín, e pontevedra, e a casa. porque estes tres meses foron algo máis que un traballo. foron un modo de vida que non repetirei se todo sae como agardo.
cando voltaba no bus, un borracho díxome que non sabía nin quen era el mesmo. hai moita sabedoría nos fondos das botellas. e o conductor sorriume, sorriume durante tres meses, e tiña ganas de gritarlle a todo o mundo xa rematou todo, pero non fun quen e sentei e lembrei as cariñas de todos ao despedirse, a broma de J, o sorriso de B, os ollos preciosos de N. e a súa actitude de tipo duro. a aperta de R(i), a miña carpeta en Intercambios, o naris de M(s), a pila de papeis na mesa baleira, o calendario de días libres. e tantas caras, tantas roldas de prensa, tanto aprendido, os erros nas maquetas, as mil entrevistas, o mar, o sexo, os ministros e os conselleiros, os alcaldes, os mil e un amores. quen sabe se algún día voltarei

7 comentários:

Anónimo disse...

Pois moi boa viaxe. :)

Fer disse...

Uf, tem que ser duro.
Quando vives nalgum sitio, ou trabalhas, ou sigues umha rutina, e tés que marchar o normal é querer ter gadoupas como os preguiceiros e agarrar-te forte a essa pola.
Coido que crescer, ou madurar, ou como queiras chama-lo é ter a vontade de abrir as maos e deixar marchar.

Anónimo disse...

marchar nom é nada guai. assim em genéricoi e geral.

X disse...

Lémbrese de Ithaca e de que o importante é o camiño.
Para min hai algo que está facendo moi ben, ser consciente da importancia de cada momento na súa vida.
Boa sorte no vindeiro treito.

paideleo disse...

Graciñas polo teu comentario.

Anónimo disse...

As despedidas son moi tristes, pero a marcha é unha oportunidade nova, e mais neste caso teu.
Que non mingua o teu sorriso nin un intre.

Unha aperta.

oko disse...

bicos tunecinos pra todos. gracias polos ánimos