2.9.06

de volta

Tiña pensado estar de vacacións do blog alomenos un mes. Pero hox, ao despedir a papá e mamá disfrazados, que ían á Feira Franca, déronme ganas de escribir. E eu, que estaba convencida de que nunca máis volvería ter ganas de facelo, non puiden menos que sorprenderme. E non teño moito que dicir, pero podería contar que fun de paseo pola meirande das feiras e unha bruxa prediciume que algún día vou ser unha muller con poder -parvadas-, e vin a varios ferreiros domeando o metal, e ás naseiras traballando nas redes, e merquín un amuleto celta a un portugués moi guapo, e unha folla de coiro, e arrolei a un porquiño -seica celta- que se puxo a berrar coma un tolo ao mirarme, e vin a azores en plena caza e disfrutei dunha das cidades que máis me gusta en pleno esplendor (con alcalde-favorito-disfrazado incluído, e os do PP rabeando)
Sería inútil tentar resumir estes días de silencio, as mans, o cego, a excursión a Cangas, a aceleración co tema do congreso, a volta de N., e mil e unha cousas máis. Sigo triste -á hora de escribir-, e cada vez con máis ganas de seguir estudiando canto máis lonxe millor. Nena, foi un pracer compartir o día contigo. Ao resto, gracias por agardar por min. Necesitaba un respiro

5 comentários:

aultre narai disse...

vexo xa anda un pouco mellor, pero hai que subir o ánimo, eh!! xDD

X disse...

Ás veces hai cousas que un fai por se... eu pasaba por aquí moitas veces por se... alegroume moito cando hoxe o primeiro que vin non foi o pano vermello.
Este tamén pode ser un bo sitio para toparse ben.
Volva a nós, botámola de menos.

opaco disse...

...e como foi que non nos atopamos aló? ;-) un saúdo. Nós tamén andabamos pola cidade do teucro

frioleiro disse...

Sempre é un pracer tela preto! ;)

oko disse...

opaco, será que iba disfrazado e non o recoñecín... eu, como iba vestida en plan 2006, era máis recoñecible...
aultre, x, gracias pola visita
frioleiro, teño ganas de velo!!!!!