11.9.06

hai veces en que parece que algunhas cousas só che poden pasar a ti. onte quedei con R. pra ir aos Milagres de Amil a ver que se cocía e facer despois unha crónica cutre como a de todos os anos.
mentres agardaba por el, sentóuseme ao lado un home que me contou toda a súa vida. Pobre profesional, adicado a pedir polas portas. nin un peso me pediu, supoño que só querería falar. e cando xa estaba no bus saudoume coa man. despois tivemos que ir falar cunha vella que cumprira 100 anos, e sorprendeume que recibira a visita da súa irmá que vivía en Bos Aires e nin se inmutara -o cal corrobora a miña teoría de que todo era un paripé coa vella-. e nos Milagres, despois de case unha década, houbo paseo en ataúde e camiñantes de rodillas, todo un espectáculo.
e hox, despois de ver en persoa a un home que pensei que en realidade non existía, aguantar que me digan "esto es una mierda", e responderlle que podía ser máis majo, e rir cando despois de baixar a mercar "corazones salvajes" para N., e dicirlle que o fixen con moito amor me responda "pero si yo lo único que quiero es sexo!"

  • nota 1: na entrega dos premios savater levaba as gafas -que por certo eran horribles- estremadamente sucias. ademais cáeme estremadamente mal
  • nota2: ironicamente, un redactor do faro de vigo recibiu un premio de xornalismo por escribir sobre a necesidade de normalización lingüística do galego. era millor tirarse por un barranco.
  • nota3: non sei se é culpa miña ou túa. será das dúas. non teño máis escusa que oito días seguidos traballando sen descanso. non sei se che vale. a min, dende logo, non me convence. e non podo dicir que o sinto, porque non valería de nada
imaxe: corazón salvaje, de claudia manperl (creo)

7 comentários:

Madeleine disse...

non sei que che hei dicir, máis alá do que te voto de menos. Que che parece?

aultre narai disse...

encántame cando se pon tenra madeleine!! :) unha aperta para as dúas

Anónimo disse...

Dise extremadamente, non estremadamente

oko disse...

eu a ti tamen, madeleine. anónimo, graciñas, nin me decatara. para aultre unha aperta, tamén

Anónimo disse...

De nada oko, simplemente gústame lerte e dame rabia este tipo de erros que, de seguro, son un despiste
Un saúdo

Madeleine disse...

OKO, percíbolle algo estresada... (anónimo, é con b ou con v)

oko disse...

anónimo, alégrome que che guste. e xa que estamos a corrixir, dáme leva til ;)
madeleine, si que estou estresada. un pouco solo.