Hoxe pola mañá, cun sol lindísimo sorrindo no alto, saímos mamá e mais eu con dous propósitos. O primeiro, rirme a cachón cos Xarangallos, os marinenses máis ilustres do mundo mundial, que cada ano milloran máis aínda as súas letras, e non deixan títere con cabeza. Obxectivo cumprido.
O segundo que tiña que facer era ir ver a exposición das camelias que xa anunciara Leo hai algúns días. Sobra dicir que as camelias eran preciosas, e as fotos tamén -as que máis me gustaron foron as de branco e negro-. Ademais, o detalle de poñer caramelos e bombóns en cada sala é un puntazo -sobre todo para os lambóns coma min-. Pero o mellor, sen dúbida, foi coñecer a unha blogueira -no seu blog atoparedes máis sobre a exposición-, e descubrir que hai quen me le por aí, anque sexa de cando en cando. Foi un pracer coñecervos, e toda unha sopresa.
Aos que poidades, ide a Marín estes días, a desfrutar de todo isto!!!
Nota: E con que alegría volvín a ver á londinense e mais recibín unha chamada a catro voces dende Roma...

8 comentários:
Eu a ver se miro a exposición a semana que vén.
Alédome do que desfrutaches.
Alegreime moito de coñecerte na exposición, a túa nai xa coñecía. Síntome moi contenta por cómo está a xente respondendo, e gustoume moito os teus comentarios, esto da internet e abraiante. Moitos bicos.
Tiven moito gusto de coñecerte. Realmente estábamos intrigados polo comentario no blog de Leoeosesus sobre Marín, pensamos que era algén de aquí. E así foi.
Gracias por ir. E gracias por entrar no meu blog.
Resultou que non está mal isto de deixar de ser tí mesmo por uns días.
Que grande eses carnavais de Marín! Pero non te esquezas de ir enterrar ó Rabachol :)
Vémonos pronto pra cantar, ver menceres na quintana, camiñar cara o Maycar falando de todo e de nada e cumprir os acordos de borrachas.
Vémonos pronto, disfruta!
(...)Y báñate en mis ojos, que se joda el mar
que quiera mecerte a su antojo,
si no somos nadie a nadie va a encontrar,
y si a las heridas quiere echarles sal
sólo va a encontrarse cerrojos
y las cicatrices de la soledad(...) (Marea - que se joda el mar)
q grandes os Xarangallo Mangallo!!!!a verdade é que son uns cracks niso das comparsas. Pero moito mellor os Peneques, que a montaban gordísima polos bares de Bueu, cando a queima do paxaro.
a escachala polo entroido!
alégrome que o pasaras ben x terras do sur!disfruta agora por Compostela!!!xa nos vemos e falamos!gracias por chamar, non sabes a ilusión que me fai!(lástima de móbil....)
:)
moitos bikiños!
En serio, tendes que ir todos os que andades polo sur -Eamare, Caufield, Thaclansman, etc- a vela. Está xenial.
(Anónimo, quen eres???)
Enviar um comentário