25.2.07

facía frío. mandáronme falar co rapaz, que tiña os ollos máis tristes do mundo. lembrábame moitísimo ao outro, o daquel filme de david trueba. os ollos tristes e unha serenidade inmensa, que daba medo.
pasei todo o fin de semana a remoelo. non se me quitou da cabeza a súa forma de mirarme, de dicirme que non, que non quería falar. e depois, o sábado, abrín o libro ao azar e topeime con isto


"Hoy me es igual
Traedme una hora que vivir
Traedme un amor pescado por la oreja
Y echadlo a morir aquí ante mis ojos
Que yo caiga por el mundo a toda máquina
Que yo corra por el universo a toda estrella
Que me hunda o me eleve
Lanzado sin piedad entre planetas y catástrofes"



e non se me pode sacar da cabeza

4 comentários:

Anónimo disse...

que historia máis tristes(a real como a do filme).

de verdade que a guerra serve pra algo?

un saudiño!

Raposo disse...

As guerras serven para que se entreteñan sobre o tabuleiro os xenerais ociosos.
E estes nunca morren.

Anónimo disse...

Por vez primeira comprobei que a dor se pode ver e cheirar. E non me gusta.

oko disse...

si que se pode mirar. aos ollos