17.5.07

días de tranquilidade

Sair nun documental que me gustou mogollón (aparición superpopera), ou pasar todo o día durmindo, e que a máxima relación coas persoas sexa mediante o ordenador. Ter o pé así descubriume o pequeno placer (forzoso) da tranquilidade.
Tamén subir á noria e comer un pouco de algodón de azucre. Este é o primeiro en catro anos que non saio na Ascensión. Pero resérvome para o sábado...


nota: ten güevos oir falar a nenos de la Koru do acento pechado dalgúns sitios...
nota2: si, o que hai pola parte de atrás do xeso é un poema. por diante teño xoaniñas, unha G, varias flores, unha media lúa tunecina e máis as botas de charlot e un par de ollos. Todo obra dunhas cantas señoritas... e aínda o branco que queda...

3 comentários:

Anónimo disse...

Que pernas tes, moza! muahahahaha

besbe disse...

o sábado verei o documental que me da que hai moitas caras coñecidas e bueno, arrastra esa escaiola por canto sitio haxa e que cha quiten, que cha quiten!

besbe disse...

xa o vin, moi popi e moi guapa de fondo azul :)