29.5.07

dicíalle hoxe a m., o paciente de m. que escoita como falo e falo, sen interrumpirme, dicíalle que no verán remataron coa miña creatividade. eu antes escribiría unha reportaxe en pouco tempo, e coas ideas ben claritas. agora paréceme unha tortura enfrontarme ás páxinas en branco, e creo que teño exceso de material e moi pouco á vez. os medios de comunicación, tal e como está concebidos hoxe en día, xa non teñen sitio para a arte. é a eterna discusión xornalismo-literatura. eu xa non sei facer literatura coa realidade -se é que algunha vez souben-. xa non sei ser creativa. e miro para atrás, hai dous anos ata podería facer unha crónica dende a lúa se el ma pedise...

2 comentários:

Zerovacas disse...

No fondo, tanto na literatura como na vida hai bós e malos libros, bós e malos momentos. O problema é que os malos libros esquécelos, péchalos, e xa está. Na vida son os malos momentos os que te pechan a ti e os que te esquecen. O bo da vida, en cambio, é que é moito máis imprevisible que os libros. E tanto cando estás eufórico como cando estás deprimido, debes ter en conta que esa situación non vai durar eternamente. (que rollo acabo de soltar, non? Cousas de estar toda a mañá aquí pechado, sen ver a luz do sol, por certo: ¿fará sol?)

oko disse...

non é rollo, tes razón. e agardo que a vida sexa máis imprevisible que os libros sempre. e púxenme a escribir e anque non me gusta o que poño, non perdín a esencia do que era ao chegar. non está mal, non?