25.5.07

en pé (desbarrando)

(aviso: o que vén a continuación parece sacado dun diario de adolescente)

si, onte arredor das 10 da mañá dixéronme muy majamente que me quitaban esa bota branca último modelo que me obrigaba a camiñar ao máis puro estilo parlamentario. Que felicidá, poder ver o meu pé, aínda moi inchado, e sentir cinco mil cravos -moi afiados- nel ao apoialo no chan.
en realidade, o día foi marabillosos ata iso das oito e media da tarde. facía moita calor cando fun ata o castiñeiriño. coñecín a tres persoas, incribles, que me falaron de loita veciñal, de compromiso cunha causa que ao principio me parecía pouca cousa, e que despois decubrín faraónica: conseguir mobilizar á xente pra loitar polos seus dereitos. Admirei, de certo, a súa forza, o seu empeño, e a súa vitalidade, trintaetantos anos despois.
Ao carón da parada de bus, alí no castiñeiriño, había unha floristería. Así que moi amablemente merquei unha flor pra ir levarlla (para camelar) a unha enfermiña ao hospital -que visita tan agradable, nena, que nin a "resaca" da anestesia é quen de quitarche o sorriso-.
E cando a tarde máis prometía, foi cando se chafou todo. Vin a estrea sen ti, -deixando de chamar a alguén a quen estades agardando que coñeza-, e despois non saín celebrar o do pé, porque chovía, entre outros motivos. Por que, dende hai xa un mes, non hai xeito de que os plans saian ben???

4 comentários:

Zerovacas disse...

Alégrome moito por ti. Pero non corras demasiado esta finde. Agarda uns días, non vaia ser...

paideleo disse...

Alédome de que vaia millor o pé.

Marinha de Allegue disse...

Ves todo precisadaba do seu tempo agora chegou o tempo xa recuperación. Alégrome linda.
A imaxe que elexiches paréceme fermosísimaaaa.

Beijos sanadores.
;)

oko disse...

vou con calma, zero, gracias por preocuparse
paideleo, moitas gracias
marinha, gracias a ti tamén
:D