Convídame o señor
Urizen a participar no meme das 8 cousas. E sorpréndeme dobremente: primeiro porque sae do anonimato ou lurkeirismo e me comenta, e segundo porque hai tres posts xa eu falaba de
memes culturetas.
Cavilando en que podería escribir, pensei en todas as reminiscencias do terruño ou dos galegos que atopei por
acá dende que cheguei. Aí van oito

1. A primeira persoa coa que falei en Bilbao foi un conductor de autobús. Era de Vilalba
2. A primeira persoa da miña clase coa que falei é de Moaña. Somos as dúas únicas galegas da clase
3. A nai da miña profe de inglés na
EOI é de Arzúa
4. Estes días andan as paredes de Bilbao a amosar publicidade dun concerto de
Luar na Lubre5. A ETB2 retransmite o
Luar6. E. ten unha sueira de
Nunca Máis, de cando veu a limpar a costa de Camariñas
7. As veces que falo galego na casa me comprenden perfectamente: seica o italiano de calabria é moi semellante ao galego, por unha banda, e pola outra, un erasmus en Lisboa axuda moito a entendelo, tamén.
8. Nos postos de libros de segunda man é típico atopar libros sobre Gz. Ata mirei algún en galego, de poesía, sobre todo.
Para outro día deixo anécdotas como o día que coñecín un garda civil de Negreira, e outras historias
(imaxe: Bizkaibus na Habana, xullo de 2007)