De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
8 comentários:
Cuídate. A saúde é o primeiriño.
nena mellórate
mil bicos dende o sofá da (xa) famosa Ulreia :P
Ultreia
Bikos frioleiros para que te cures!! ;)
xa parece que me sinto millor. graciñas :D
non che sabía eu que os de Bilbao enfermaban! :P
cuidese, tome caldiño!!
os vascos non, que son moi fortes!
o problema téñeno as miñas defensas, que están en vías de autodeterminarse :P
A coidarse, que os vírus vascos sonche moi kale-borrokos...
Enviar um comentário