13.11.07

se é por min non volve dar clase

mirade que perlitas soltou hoxe un señor catedrático:
- o do cambio climático é todo unha invención
- "¿tú cuántos cajeros y contenedores has quemado hasta ahora?", a un rapaz vasco da clase
- mandar calar a unha rapaza sobre o tema do cambio climático aludindo a que con só 26 anos non pode ter unha opinión
- discutirlle a unha licenciada en ciencias medioambientales sobre como se produce o burato na capa de ozono, xustificándose en que el sabe porque ten UN libro sobre a Antártida na casa
- deixar o móbil con son na clase, e que lle soe o himno de españa (pura provocación)
- soltar antes de que marchemos da clase: "es que las mujeres, por no tener, no teneis ni hijos".

non estou acá para que me da clase un home así de reaccionario, nin pra que me falten ao respeito (a min ou aos meus compañeiros). etcétera

12 comentários:

paideleo disse...

Estiven botando unha ollada e o tal Romu ( vaia nome que ten ) parece que escribe sobre o estranxeiro. Será que só sabe diso.
Enfin, a culpa non é del senón de quen lle fai caso.

Mr Tichborne disse...

Non é reaccionario, nin de dereitas, nin sinxelamente desinformado. É imbécil. Só no sistema universitario espanhol tales parásitos poden chegar a catedráticos.
Bonita foto.

Raposo disse...

Vaia elemento!!

Zerovacas disse...

A pregunta é por que convidan a este tipo de xente a dar clase nun master. Polo que teño oído, a UPV ten unha dualidade abertzale-españolista bastante curiosa.

A esta xente, déixaa falar, que xa se descalifica a si mesma. Seguro que na casa non ten ninguén que lle escoite e utiliza as clases para desafogar os seus traumas

Zerovacas disse...

Ah, e seguro que volveu a Madrid (ou de onde sexa) fachendeando de que foi evanxelizar aos vasquitos, como cando Ynestrillas paseaba por Hernani, ou cando Fraga, no 77 ou así, propuxo facer unha marcha a pé de milleiros de militantes de AP dende Burgos até Euskadi. Moi Mussoliniano todo

Anónimo disse...

pois a min prestame ese tipo de profesor pq era a unica maneira de unir o alumnado, dache material para contar batallitas, e consegue um debate enconado sobre os temas a tratar.
sempre que nom dure mais dun cautrimestre...

Anónimo disse...

Un elemento que di ese tipo de cousas e ademais escribe sobre o valado israelí "contra o terrorismo palestino" ou sobre o perigo sufrido polo español coma lingua de traballo na UE... descríbese e autocalifícase por si mesmo. O tipo é un animaliño, o que non sei é que fai nunha aula universitaria.

Urizen disse...

Canta ladilla na ensinanza... con ese nome parece sacado dun exemplo das clases de formación do espírito nacional: "Don Romualdo García Bermejo es un ejemplo de cristiano viejo y honrado español". Segundo o diccionario dos nomes galegos Romualdo significa: "que goberna con sona ou con gloria" cantos nomes se poñen ó chou...

oko disse...

tiñan que estar alí para oílo, señores...
agardo non ter que volver a miralo diante...

A Conxurada disse...

Pero menudo impresentable, non sei como fas para aturalo.

Saúdos

Anónimo disse...

Se observades a páxina web de Romualdo, podedes ver que ten un artigo defendendo a legalidade da invasión de Iraq... escrito a dúas mans co noso querido Ruiz Miguel (ruizmi para os amigos).

FIZ disse...

Vaia bastardo ignorante...