30.3.06

Roma


Onte pola mañá tomaba o sol en Circo Máximo, e pola tarde subía a un avión apreixando contra o peito un feixe de margaridas malvas. O resto dos turistas marchaban de Roma sorrintes, pero eu marchaba triste porque non quería marchar, porque non quería deixar tanto atrás.
Dicir que é unha cidade preciosa sobra. O grandioso foi poder ver algo máis, e perdernos ao carón dunha embaixada por un camiño sen saída ou pasear por rúas que case non coñecen aos turistas. Ver da súa man a Piazza Nabona, e a Fontana di Trevi, e a Capella Sistina, ou sentarme na Praza de San Pedro coma se fose a Quintana, coma se nós estivesemos alí dende sempre.
En ningúm momento paramos de rir e por iso nos decatamos que daba igual en que lugar do mundo estivesemos, hai cousas que nunca van cambiar.

12 comentários:

Aultre Narai disse...

welcome!!! Roma sempre deixa unha boa pegada no corazón :)

Anónimo disse...

La foto de las cuatro amigas está bien, asi os podran reconocer de espaldas sin ninguna duda. Lo que si dsd el punto de vista estético esos dos violetas, lilas o lavanda juntos descompensa la foto, era mejor una a cada lado; y luego el volso ese de película, capta mucho la atención. jajaja
En serio, el sitio parece una pasada y vosotras q es lo estabais pasando en grande.
Felicidades.

Anónimo disse...

Lo de bolso con "v" no me tengas en cuenta, me interrumpiste en ese momento. No se puede rectificar, verdad? Y lo va ver todo el mundo. Bueno, me salva q soy anónima.

Caufield disse...

Abrazos coma ese fan que todo teña sentido :)

Anónimo disse...

Me alegro de que su viaje haya sido fructífero y todo eso. Me encanta ver que además de visitar a su amiga han aprovechado para ver muchísimas cosas, pero lo que no puedo perdonar es lo de la Piazza NaBona (en vez de Navona). Es casi como lo de "Volso"! Supongo que cuando escribió esa "b" estaba pensando en B-ernini, magnífico escultor barroco cuyas deliciosas fuentes presiden la parte central de la plaza.

Un beso.

Marinha de Allegue disse...

Quédate co bo da viaxe e deixa a melancolía daquel espazo e daquel tempo...

Beijos.
:)

oko disse...

Claro que si Caufield, así todo ten sentido. O que só vostedes saben é que despois de facer a foto, abalanceime sobre vós uníndome ao abrazo. E iso fixo dela unha aperta especial. As cinco por fin xuntas...

Señor anónimo coñecido, saiba disculpar o meu erro e a miña falta de competencia na ortografía italiana. Non voltarei cometer ese erro na vido. Pero o caso é que despois de darlle moitas voltas non dou adiviñado quen é vostede: fala castelán impecable, incluso con verbos compostos, cousa que non fai moita xente que eu coñeza. Podería pensar nalguén que está lonxe e que coñecín hai pouco tempo, pero... acerto?

Príncipe hindú disse...

Sí querida, sí; Le puedo prometer que estaba esperando a que me reconociese y que, por supuesto, la razón principal de su investigación detectivesca sería que utilizo castellano de Valladolid ;)
Era tan solo una broma, ya que el nombre (que no la Plaza) tampoco es muy conocido. Simplemente era un chascarrillo sin importancia, lo importante, como queda clarísimo en esta entrada, es la felicidad de 5 amigas que se reencuntran y en el estupendo escenario en el que lo hacen.
Saludos desde la india,

Príncipe

Príncipe hindú disse...

Por cierto, una vez más me he vuelto a enamorar de una de sus amigas ¿de verdad existen estas maravillas que me encuentro por el blog?
Primero fue Madeleine, con ese misterio, esa inteligencia e ironía...
y ahora "la romana". El otro día linkeé su blog desde el suyo y no pude parar de leer. Muy pero que muy interesante.
Con personas como estas uno olvidaría completamente a cualquier Sherezae que se tercie.

P. H.

oko disse...

Seino, señor Príncipe. Souben escoller ben as miñas amizades, porque se impresionan os seus blogs, moito máis impresionan elas ao coñecelas. Podo sentirme afortunada por coñecelas e gozar da súa amizade!!!

Mr Tichborne disse...

Benvida!

Fer disse...

Isso!
Bem-vida(s)!
Gostarom dos rigatonni all'amatriciana?

:)