18.4.07

descubrindo obviedades (iii)

levamos un século
bañándonos en sangue


(pero podemos vivir tranquilos. non pasa nada. viven demasiado lonxe. unha rúa máis abaixo ou noutro mundo. non os miramos aos ollos cada día. non merece a pena preocuparnos, pra que? non podemos solucionar nada. deberiamos ter na alma un buraco tan grande coma o da capa de ozono)

3 comentários:

X disse...

Canta razón ten!

oko disse...

tristemente

com_ramona disse...

levamos a historia a bañarnos en sangue. o que fai máis desagradábel o último século e pouco é a imaxe, a imaxe ineludíbel de sangue ou membros tallados, de nenas, mozas e vellas chinesas musulmanas comunistas liberais negras bailarinas operarias fabrís burguesas informáticas cociñeiras...

a imaxe. se non, non existe ren