18.6.07

APETEGA

O venres á tarde, cando pasaba pola praza do Toural atopeime cunha "mostra" que non estaba anunciada no sitio-onde-miro-sempre as cousas que pasan nesta cidade. Era unha presentación de traballos de tecnoloxía de rapaces de ESO, que se facía para protestar contra a reducción das horas de Tecnoloxía que van sufrir os rapaces destas idades trala implantación da LOE.
Era impresionante (alomenos para min): aparelliños que percorrían circuitos, norias, ascensores... todo saído das clases e feito por rapaces de entre doce e dezaseis anos. As miñas clases de Tecnoloxía nunca foron tan productivas (quizais porque a natureza non me dotou dese tipo de habilidades). E non obstante a odiar esa asignatura, apoio o reclamo dos profesores: unha materia eminentemente útil para crear, para pensar, para construír. Para evitar crear un ensino hiperespecializado e coxo. Para fomentar xeracións de alumnos que saiban algo máis que as catro regras, porque
A Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e técnicas que,
aplicados de forma lóxica e ordeada, permiten ao ser humano modificar o seu
contorno material ou virtual para satisfacer as súas necesidades, isto é,
proceso combinado de pensamento e acción coa finalidade de crear solucións
útiles.
A min paréceme o suficientemente importante, non si?
(Imaxe e texto sacados daquí)

7 comentários:

Caufield disse...

sóname esa definición....:D
creo que a estudiei nalgún momento
si, viva a tecnoloxía, esa clase na que bastantes dos do meu colexio case se electrocutan!
bicazos dende Lisboa nena, teño que voltar contigo!mil bicos

Zerovacas disse...

É certo, eu tiven Tecnoloxía en ESO. Construín un aparello deses, e aprendín a desmontar o motor dun coche. ¿Aprendín? Creo que non. ¿Que será do meu profesor, un tal Justino?

Comandante Clelia disse...

Recoñezo que sempre fun a chapona de clase, pero adoraba as clases de tecnoloxía! Fixen circuitos, molinos de ire, desde a estructura ata a instalación electrica, experimentos... Se a algún neno non lle gusta é porque o profe non llo sabe ensinar, e se lle queren reducir as horas de clase, reduciranlle tamén o espazo de creatividade e creación.

SEXAMOS POSITIVAS OKO!

Anónimo disse...

Estou con "caufield", eu tamén tiven que estudar unha definición similar jeje
Que orgullosa me sentín cando a bombilla do meu circuito acendeu, e o ben que o pasei deseñando o meu ponte...
E coñecín a multitude de utilidades que ten a silicona quente...vale para todo!!! jeje

Laurindinha disse...

Peor o meu, que nunca tiven clase de Tecnoloxía... (aínda que supoño que se me daría moi mal...)
Saúdos!

*Sara disse...

A min encantábame chafullar coas pistolas de silicona!!! :D

oko disse...

creo que a todo mundo que tivo esa asignatura lle resultou máis útil cá min... :( vaia!