9.8.07

de cuba III (da xente)




as historias só comezan a ter sentido cando llas contas a alguén que non as viviu. o último mes só comezou a ter sentido cando papá colleu a miña maleta na estación, e t. veu buscarme e fumos á praia. naquela praia todos eran brancos e non había ninguén buceando entre peixes de cores e case ninguén na auga. entón comecei a decatarme de que estaba en marín, e non noutro lado.





o avión é un elemento de confusión. en apenas dez horas atravesei miles de quilómetros, e na miña cabeza non collían dous mundo tan diferentes entre si, e tan próximos no espacio. aínda agora hai cousas que me sorprenden. que negros e brancos non falen, non anden xuntos pola rúa, non se queiran. sorpréndeme o consumismo -non é incrible???-. semella que no canto dun mes estivera todo un ano vivindo alá





porque hai lugares que cambian a un por dentro se os coñeces un pouco. que che removen toda e fan que penses que hai cousas que non están ben. que non é certo que vivamos no mellor dos mundos posibles. que non é certo que poidamos ser felices así





esa, e non outra, foi a grande lección que aprendín dos cubanos. anque eles non o saiban, nin crean que sexa certo. que ser clase media occidentalita, iso non pode facer feliz a ninguén. agora seino, anque non sexa tan forte como pra poder evitalo de todo



2 comentários:

paideleo disse...

Meu curmán estivo na India e alí decatouse que para ser feliz e sorrir non son precisos cartos.

amarante disse...

fermosa crónica. Mais para decatarse de que "non é certo que vivamos no mellor dos mundos posibles" non fai falla ir a Cuba. Agardo unha conversa sobre a súa viaxe.

Saúdos dende Betanzos, unha cidade agora gobernada por aqueles que queren destruír as utopías.

PD: manteño que o socialismo e democracia son compatibles