30.11.07

Sierra Leone

(Puntualicemos, antes de nada, de que a biblioteca da EHU é unha cousa asombrosa, especialmente en materia de Relacións Internacionais e Ciencias Políticas, recibindo -alén dos libros- ducias e ducias de revistas especializadas procedentes de medio mundo)

Teño unha materia que ven sendo algo así como "resolución de conflictos". O profesor proponnos estudiar uns cantos conflictos en grupo. Escollo Serra Leoa. Vou á biblioteca e busco número por número en todas as revistas especializadas sobre conflictos, guerra e paz que atopo. E nada. Apenas uns sete textos, dos cales máis da metade falan só sobre os nenos soldados. Non lle resto importancia aos nenos soldado, pero pregúntome onde queda a análise da trama política, os dereitos humanos en xeral, o "asunto" con Liberia, os diamantes... Documéntome mirando americanadas?

Por que deixamos que uns poucos decidan que conflictos merecen ser lembrados e cales non?

4 comentários:

paideleo disse...

O mundo é complicadísimo de máis e hai centos de factores que inflúen na historia, política e economía das rexións. Os distintos poderes fan que se fale ou se cale o tema que lles interesa que para iso son poderes.
Bueno, un rollo.
Eu xa hai tempo que desistín de amañar o mundo e fágolle caso á frase que di: Pensa globalmente e actúa localmente.Ou a versión máis galega de: Muitos poucos fan un muito.
Un saúdo.

Urizen disse...

As peliculas sobre o tema cada vez son máis e os libros o mesmo, semella que o primeiro mundo comeza a ter algo de vergoña, quizais os propios habitantes señan os que deban contar a historia eles mesmos.

Falando un día cun escritor camerunés bastante coñecido por aquí...chegamos á conclusión de que non se poden integrar nun mesmo país, á gusto dos europeos a tribus inimigas antagónicas...a dúbida máis vil é a pregunta ¿interesáballe á Europa ter un continente Africano sementado de guerras civís?...supoño que sí.

emereci disse...

Apaixoante tema. Supoño que xa sabería onde atopalo, pero, deixolle o enlace, por se lle é útil: http://www.amnestyusa.org/By_Country/Sierra_Leone/page.do?id=1011232&n1=3&n2=30&n3=982
bicos cubanos
pd/ teño a súa encarga no meu poder, xa me dirá cando lla podo dar ;)

oko disse...

eu tamén creo, paideleo, que a solución é a volta ao local. non creo nas grandes solucións, porque non existen

urizen, máis que vergoña, creo que o que occidente sigue sentindo é certo paternalismo, que bandea cara a caridade. en canto ao das guerras, se son a vía para satisfacer os seus intereses, creo que todo é válido hoxe en día

emereci, gracia spolos enlaces. en canto o da encarga, se é o do xornal, lévalla un día calquera que teñas un rato. bébete un vaso e fala moito. por alí pasa moita xente interesante. (e sobre todo, pásao ben)