7.3.08

unha outra vez

un home morto e unha familia destrozada, dixo o ministro.
un país enteiro destrozado.
e a incapacidade duns e doutros de decatarse de que a violencia non é o camiño.
de entre todas, quédome coas palabras que veñen dende o LAB:
esta morte, como tantas outras realidades de violencia, sacude unha sociedade que demanda a superación definitiva do contexto de sufrimento, confrontación e vulneración de dereitos individuais e colectivos que padecemos os homes e mulleres de Euskal Herria

maldita democracia

13 comentários:

paideleo disse...

Unha noticia triste mire por onde se mire.

Raposo disse...

A barbarie! O horror, o horror, que decia Marlon Brando o final de Apocalipse Now.
Cando se decatarán estes asesinos miserables que cada vez están mais solos, mais fóra da realidade, que nesta España se poden defender tódalas ideas pero sen violencia, co poder da palabra e co poder das votacións.
O domingo todo o mundo debe ir a votar, en paz, en liberdade, para demostrarlle a eses asesinos que o camiño é outro.

paideleo disse...

Por certo, o libro de Proxecto Identidade está mui ben. Parece unha visita polo blogomillo adiante porque hai aportacións distintas como hai distintos blogueiros e así hai poesía, fotos, debuxos e prosas. Bótase en falla as ligazóns e os audios.
Ah, a chalana " Ceybe " da foto é de Marín e está no principio do paseo por se a queres mirar.

Caufield disse...

maldita democracia?

????

Comandante Clelia disse...

ía deixar un post no meu blog pero non me deixa :(

A abstención é unha opción tan democrática como outra calquera. Eu son o pobo e decido que non quero votar nunhas eleccións nas que non me sinto representada, nas que hai outros colectivos excluídos, nas que un voto, segundo se faga, se perde e ou vale por dous.

Pero entón vai gañar o PP!!!berráronme onte falando sobre isto: acaso se gaña o PSOE vai cambiar o sistema electoral?
Se gaña o PP non é porque eu non vote, é porque o terán votado non sei kantos millóns de persoas.

En fin, que de akí á noite podo aínda animarme e ir votar ás FE-JONS, q total, tampouco a eles lles serve de nada e aínda me boto unhas risas.

oko disse...

paideleo, raposo, moi triste, si, moi cruel, e que debera facernos reflexionar sobre os tipos de violencia que imperan hoxe aquí, saian nos medios ou non.
paideleo, co nome de ceybe só podía ser de marín :)
caufield, si, dígoo e repetireino ata cansar: maldita democracia. maldito sistema que non é democracia senón tiranía da maioría. véndenolo como o que non é. democracia debería ser o goberno da maioría en solidariedade coa minoría. utopías, a fin de contas
comandante clelia, estou dacordo coa abstención, sempre que teña un motivo alén como a dspreocupación ou a lacazanería. Contigo estou ao 100% en que se gaña o PSOE non vai cambiar o panorama electoral, e que seguirá sendo a tiranía da maioría. O que me planteo é se a situación actual se pode cambiar dende dentro ou dende fóra...

Anónimo disse...

"esta morte, como tantas outras realidades de violencia, sacude unha sociedade que demanda a superación definitiva do contexto de sufrimento, confrontación e vulneración de dereitos individuais e colectivos que padecemos os homes e mulleres de Euskal Herria"

Coido que fas demagoxia, Oko. a morte non sacude máis que a vida dun traballador e sindicalista e agudiza a sensación de desacougo dunha sociedade. Entendo que no de vulneración dos dereitos individuais non te refires soamente á deste home morto... Sinceramente, ler no Gara o día da morte de Carrasco pouco menos que a culpa é de ZP e do sistema deume asco! non teño que buscar máis nada...

¿maldita democracia? no confundas a democracia co sistema electoral, por favor.

oko disse...

se algo aprendín academicamente nos últimos meses é que se se vulnera un só dereito estase a vulnerar a carta de dereitos enteiriña. como individuo teño as miñas prioridades, é obvio, pero só como individuo, e ninguén pode impoñer as súas prioridades aos demais, iso para comezar.
o que quero dicir con isto é que pra min o dereito á vida é básico. pero hai outros, como a drto á participación política ou á presunción de inocencia ou a ter un xuízo xusto.
que o drto á vida sexa básico non dá carta branca a que sexan os medios de comunicación (e non eu) os que fan demagoxia. fan demagoxia ao simplificar toda a violencia en EH nunha morte. non a minimizo, senón que amplío o concepto. fan demagoxia ao bombardear coa morte dun home durante días: parece que no estado español só morren militares e vítimas de terrorismo. o resto semellan non importar. acaso están menos mortos? ou acaso esta é a única vítima do conflicto político?
cando les o gara sabes que vas a atopar, ou o podes supoñer. non obstante no resto dos medios o discurso é exactamente o mesmo, escoren cara o centro ou cara a dereita. pero calan como petos cando hai que falar doutras cousas que non son tan rentables politicamente.
e si, digo e repito maldita democracia. maldita democracia que fai deste un sistema bipartidista, unha tiranía da maioría (e sinto repetir termos), onde as minorías non poden nin erguer a voz pra dicir que queren para si o dereito a decidir, porque son aplastados pola maioría. e non me refiro só a partidos independentistas ou nacionalistas a secas. refírome a poder levar unha alternativa ecolóxica sostible ao congreso, que nos deixen falar abertamente de aborto, que se cuestione a materia de relixión na escola, que se fale da política de cooperación do estado...entre moitas cousas que de poderían dicir. non interesa a ningún dos dous partidos maioritarios e, polo tanto, estes temas non existen. se isto é democracia, maldígoa mil e unha veces.
non sei se con isto respondo ao teu comentario

Anónimo disse...

Ben, están claras varias cousas para min. a primeira é que, coma ti, recñezo e esixo o dereito á vida, á liberdade ed expresión, á igualdade xurídica... e os demais dereitos que respecto do Estado e a sociedade temos dereito a esixir. Por suposto que penso que hai unha manipulación informativa, claro que este morto é "morto de primeira" para todo o mundo. Pero, se cadra, e mentras tí pensas noutros mortos, esquecerás algún e alguén che dirá... "e o meu morto é de segunda". Iso é obvio.

É o sistema electoral e mediádico español o qeu agudiza, anima, publicita e sustenta o bipartidismo real neste estado, non a democracia. A democracia, esa palabra tan desgastada por todo cristo coma se foraunha señora dun pueblo del norte, é un sistema político que supón que é o pobo quen decide a representación do Estado. SOn moitas as cousas as que delimitan esa definición, non só o reglamento d'hondt e os medios de comunicacón. Nin os emdios son o demo nin a xente é imbécil, o que falta é cultura política.
Dis qeu cando colles o Gara xa sabes o que vas ler... vale, tamén pasa con El Mundo, La Vanguardia ou Libertad Digital, medios que, se cadra -non sei- criticas por iso. Repito que, como xornalista, sentín noxo polo que escribiron na súa editorial.
Morreu unha persona, non, asasinaron a unha persoa. Eu non pido que veñan e digan, vale, condeno, pero marcharse da vila dous días para sentirse máis protexida dos medios e os cidadáns que gobernas é repugnante.
A resposta é votar a un partido que tí consideres que responde aos teus desexos no ámbito político... máis aló, maniféstate, quéixate, denuncia... non esperes a unhas eleccións para botar merda enriba dunha palabra -democracia- que non significa tanto como pensamos.
ETA é merda, a xente que tortura é merda, a que non che deixa falar e che condena polas túas ideas, os que ilegalizan partidos ao chou... por suposto... pero os asasinos e quen os pode "xustificar" nalgunha das medidas aos asasinos non esvaran da lista do máis repugnante

oko disse...

discrepo ao falar de que xa sabes que vas ler ao coller o xornal. sabes o que vas ler ao coller el país? un xornal de centro-esquerda ou o boletín non-oficial do goberno??? que a xente sabe o que hai? permíteme que o dubide. os medios son para a meirande parte da poboación o camiño para achegarse á política, á participación (mal entendida por este carreiro, certo é) e, en fin, ás cuestións xerais que nos afectan en maior ou menos medida a todos. como xornalista sabes, e sábelo mellora ca min seguro, o fácil e efectivo que é manipular a opinión "xeral" a través dos medios de comunicación, especialmente os tradicionais (masivos).
e non, non quero botar merda enriba da democracia agora que estamos en tempo electoral. bótoa todo o ano. e un dos xeitos que teño para participar e facer partícipes aos demais de como penso é esta humilde moradía. unha fiestra aberta para o debate. como ves, funciona. e non hai nada máis san ca isto.
cangaspoly, é un pracer discutir contigo

Anónimo disse...

idem... será amor?¿?

oko disse...

ha de ser!!! ;)

Anónimo disse...

Rapaza: non te aclaras! Esperemos que madures.