Seica non podemos manifestarnos no oito de marzo porque estamos en reflexión, pero a xornada de reflexión foi onte, cando me decatei de que este mediodía era o único momento no que podería ir enviar o meu voto por correo e aínda non pensara a quen regalarllo. De lado queda a miña incapacidade de plantexar unha solución a este maldito bipartidismo, á farsa deste sistema, que é de todo menos democrático, e a non ser quen de definirme a min mesma politicamente: se teño armas pra mudar o sistema por dentro, se teño armas pra mudalo dende fóra, ou se debo darme á indiferencia. O fracaso absoluto da sociedade fronte ao individuo
( e río coa idea de que ese sobre que dirixo ao señor presidente da mesa electoral vaia recibila papá. a primeria carta que envío só pra el na miña vida)
2 comentários:
En GZ haberá concentracions de todos os xeitos, e autoinculpacións (como a de Encarna), e algún concerto. E o domingo que lles dean a todos
non merecen máis...
Enviar um comentário