21.4.08

poucas razóns

o domingo atopei poucas razóns pra marchar e moitas pra quedar no mar e mais na pedra
as miñas primeiras patadas, os agasallos sen punto final, os poetas non poetas e mais morey, os bilbaínos majos dos que apenas quedo co nome, o café nun bar de estrada, o tesouro que por fin quixo vir comigo, e unhas ganas tremendas de voltar, unha semana, un mes, que sei eu, o tempo suficiente pra poder despiollarme desta sensación de non ter asimilado, aínda, que xa non vivo na pedra

2 comentários:

Urizen disse...

É unha historia non vivir física e emocinalmente, por completo nun mesmo sitio. Sorte e ollo ós piollos...

oko disse...

tes razón, pero non podo queixarme porque fun eu quen escolleu onde vivir