maría vive en montepedra e no vrao, cando non hai escola, axuda aos parapentistas a aterrar. pregúntame se son reporteira -adoro ese palabro- e despois dime que de maior quere ser fotógrafa. apréndolle a sacar fotos coa miña cámara
en vilapán, hai un pequeno verme da cor do café que cada día me fai conducir unha camioneta imaxinaria ou converterme en paxaro e levala vando escaleiras arriba polos corredores do centro cultural. ten só cinco anos e cando non lembra o meu nome chámame guapa. é tan fraquiña que ata lle caen os pantalóns, por iso é tan fácil levantala no aire. os dentes, tan pequechos báilanlle branquísimos na boca cando sorrí. ás veces dime que parezo un varonsito, polo pelo curto e entón fágolle cóxegas pra que non mire que estou a rir
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
3 comentários:
son unha pesada, pero quería recomendarche outro temaso! Máis que nada porque me lembrei de ti cando o escoitei. Saibas que é unha recomendación do meu irmán. "If I needed you", de Emmylou Harris e Don Williams. Mándocha por mail
que riquiña,bicos
moitas gracias. a ambas
Enviar um comentário