11.8.08

crónica viii.

aínda medio durmida, despois de erguerme a todo correr porque perdía a buseta das sete e media, topei na porta da casa cunha tarántula que despois me contaron que era velenosa. menos mal que a casa ten dúas portas, pra ir a por axuda en caso de fauna con xigantismo preto. todo un espectáculo ver a dúas rapazas matándoa a pedradas, (o método máis efectivo, seguro e menos contaminante) que as patas amputadas do becho seguían a retorcerse no chan co animal xa morto. (por detrás da casa hai unha sorte de cavorco e un val con vexetación moi mesta, por iso ás veces aparecen bechos típicos da selva)

mais non quería escrbir sobre fauna hox. quería falar de nenos, outra vez. nunca me gustaron, mais ando a aprender o valor do riso dun neno (aínda que pareza un tópico), a súa creatividade, e o que fan traballar a miña imaxinación cada tarde, entre manchas de pintura na roupa e xogos nos que hai que imitar animais. a tal hora, dicir que non me gustan é un pouco mentira

4 comentários:

paideleo disse...

Muito ollo cos bechos !.
Os nenos son unha gozada. Se tés dúbidas compáraos cos adultos.

Marinha de Allegue disse...

Concordo coas palabras do Paideleo. Asi que non me vou repetir...

Unha aperta.
:)

Urizen disse...

E eu volvo coincidir, os cativos danlle unha cor nova que ollar ás retinas.

Graciñas por compartir un chisco desa chuvia

oko disse...

si, moito millores ca os adultos...
bicos aos tres!