cando preguntan que como é isto non sei que responder. digo bonito e veñen tantas cousas á cabeza imposibles de explicar. que aquí o santo máis venerado ten traxe e gravata, e que se paga nos buses ao baixar e non ao subir. que os nenos xogan aos mesmos xogos mais con nomes diferentes, e preguntan todos os días se teño fillos e esposo. que aquí todas as casas son moi pequechas, de planta baixa, e os irmáns durmen todos no mesmo cuarto. que antonte r. contounos a historia da súa vida ao pé dunha cervexa e tiven que facer esforzos por non chorar alí, diante súa.
que hoxe foi o último día do plan vacacional e cansei de choutar, e de levar os nenos ao lombo, e de responder as súas preguntas que nunca rematan. e fiquei triste. e despois coñecín a un home que en setembro viaxará á coruña. entráronme saudades e non, porque esta fin de semana promete. trocarei miche de pexego nun mercado tradicional. alí vou toparme coa venezuela bolivariana coa que soñaba antes de coller o avión
4 comentários:
Aprovéitao ó máximo, ainda que ben sei que xa o estás facendo.
Ah!. E fai fotos e máis fotos para que cando veñas non se che esqueza ningunha historia que contarnos :)
Un bicazo frioleiro moi grande!!.
Me declaro fan (algo rezagada, pero de ánimo retráctil) de tus Crónicas. Da gusto leerlas.
Saludo.
non fajas caso dos bicazos frioleiros. Son cousa mala ;) Como andas? Fai días que non falamos nena.
Un bicazo cangueiro máis grande que o frioleiro
moitos bicos aos tres, gracias por seguir as miñas minicrónicas. prometo levar material abondo para a volta :D
Enviar um comentário