13.2.09

atopei alguén que, coma min, leva os lunares de dous en dous

vinlle ao pequeno x os ollos máis azuis ca nunca, tanto que doía miralos de tan bonitos

tamén perdín un libro pra sempre e a cambio recibín un gintonic. ando a decidir se saín gañando ou perdendo

este domingo toca voltar outra vez á cidade. cando cansaremos de que ninguén faga caso de nada???


(no feisbuc -esa ferramenta do diaño- crearon un grupo os damnificados polos meus berros. non sei como tomalo ;)

3 comentários:

Mr Tichborne disse...

Saiches perdendo ou gañando dependendo do libro e da compaña que teñas no gintonic

Desorde disse...

imos cansar nos antes....

oko disse...

probablemente, desorde
mr tichborne, decidín que saín gañando ;)