16.2.09

vivir para ver

o que me faltaba por mirar, álvaro de marichalar (ou un seu dobre) repartindo en compostela publicidade de upyd, alá na praza de cervantes


(sinto a calidade da imaxe. tomada en compostela. fíxome moita gracia ;)

4 comentários:

Portaria59 disse...

Lindo blog

Anónimo disse...

es increible tu parcialidad, si no recuerdo mal siempre te quejabas de que se mirase mal a la gente por hablar en gallego y ahora te hace gracia la frase "en galego, parvos" ¿porque soy parvo si hablo en castellano? ¿se es mas culto por hablar gallego?... y lo de rajar de la policia por lo de santiago sin comentarios... unas personas se manifiestan libremente, ¿a que fueron esos aprendices de borroka a provocar y a insultar? cada uno que hable como quiera, y yo por supuesto, hablare en castellano porque me apetece

Anónimo disse...

toooma flame!!!!!!!
iso si que é ciber-borroka.

como ese ou esa intelectual interpélalle a vostede, oko, directamente, vou morder o beizo por dentro para non respostar (tanto que dicer...)

oko disse...

agradecida polo cumprido, portaria ilegal!
en canto ao anónimo... a ver... en primeiro lugar a iparcialidade é un estado natural e inevitable, especialmente se falamos de cuestións lingüísticas e máis aínda se nos referimos a un contexto como o que se está a vivir agora mesmo neste país. e é precisamente nese contexto no que está enmarcada a frase da foto. por suposto que non consinto que ninguén me mire mal por falar en galego. e dáme bastante igual que o resto fale noutras linguas, pero o galego é a lingua natural deste país, e iso é indiscutible. os galegofalantes non somos máis cultos, nin máis listos nin máis guapos, non nos confundamos.
o da policía, ben, na miña opinión a policía si que é bastante parcial e está demasiado posicionada, cousa que vai en contra dos seus principios fundamentais, supoño. diso poderiamos falar largo e tendido. o de aprendices de borroka, creo que me supera un pouco, e o de provocar e insultar queda en entredito mirando os videos que hai da manifestación. o que acontece é que tendemos a ver a violencia no lado que nos dá a gana. afinemos a ollada, señor(a) anónimo, igual miramos as cousas doutro xeito.
por suposto pode falar a lingua que lle dea a gana, e comentar neste blogue na que lle dea a gana tamén. e a próxma vez, deixe algo que permita recoñecelo(a). así quizais poida rebatirlle estes e máis argumentos se nso atopamos en persoa

agardo ter respondido a todo