Non hai semana santa no Magreb, paso estes días choiando, para máis traballei mesmo a fin de semana (onte e antonte). Aquí temos os festivos do país, o Mouloud, o nacemento do profeta, a independencia, o L'aid... nin sequera hai nadal. En fin, outra cultura.
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
Amor eterno, pois.
Fermosos os pementos.
si, supoño que eterno
que tal as vacacións?
Non hai semana santa no Magreb, paso estes días choiando, para máis traballei mesmo a fin de semana (onte e antonte). Aquí temos os festivos do país, o Mouloud, o nacemento do profeta, a independencia, o L'aid... nin sequera hai nadal. En fin, outra cultura.
Enviar um comentário