14.11.09

venres 13


de todas as saias e camisas de cores, e dos panos e as flores que nos adornaban o pelo, ninguén podía pensar no momento triste. botei a vista atrás e pensei se valía a pena. o ser humano é cobarde por natureza. máis tamén é curioso por natureza. pensei, si, no último ano, con todas as súas grandezas e as súas miserias. todas as veces que inchara os pulmóns pra rir. dos enfados monumentais, deses de segundo e medio de duración
pregunteime por que nos empeñamos tanto en falar das grandes viaxes, das experiencias da xente de mundo, cando o maior logro que acadaremos na nosa vida -ese que nos deberan escribir na esquela- é precisamente o sobrevivirlle ao día a día, seguir tendo a capacidade de facer que o coñecido siga sendo distinto co paso do tempo
e pensei, como penso cada vez que ando entre maletas e pasaxes, nos amigos. nos que seguen aí a pesar de todo
pensarnos coma un puzle, díxenme. un puzle de artesán, como explica perec, no que ningunha peza se asemella a outra, no que o debuxo imaxinario está por construir. no que o que nos une é que encaixamos, e que por vontade propia nos mantemos así, unidos, como por unha cordiña invisible, que diría a poeta
un puzle no que cada peza é insustituible

ter medo é natural. de feito, nin sequera son tan valiente como me quero facer crer a min mesma. mais o medo, por primeira vez en todo este tempo, non está na ida, senón na volta. en todas as posibles voltas, en a onde me levará todo isto. e pra iso, queda aínda tanto que camiñar


(imaxe roubada de aquí)

Sem comentários: