8.3.10

a cidade vai atrapando, que é o que digo sempre e xa de tanto repetirme perdo o fío dos argumentos. vai atrapando e non sei por que, que mo preguntaban onte uns mexicanos e tiven que ficar calada. atrapa porque, por exemplo, volvín atoparme coa pequena g., despois de case dous anos sen vela. a pequena g., que tan importante foi –e sigue sendo- para min. e foi coma se non pasase o tempo. esta cidade non é só cidade de despedidas, tamén o é de reencontros. volvín estar con ela e de súpeto aquilo non era méxico, senón algún limbo intermedio entre méxico e bilbao.
e despois, como por seguir botando a vista atrás, atopei ao primeiro galego que coñezo desque cheguei aquí. Ben, o certo é que nos atopou el a nós, atopounos ao oir falar o galego. e resultou ser do mesmo lugar ca min. Sorprendentemente, do lado da casa. como pode ser que esta sexa una das ciudades máis grandes do mundo?

as cousas acontecen deste xeito ás veces. se creo que nada é casual, porque a experiencia di que nada pasa en balde, entón esta semana foi un agoiro marabilloso do que vai vir. é esta cidade que vai atrapando. e atrapa, atrapa ate que xa non es quen de deixala. e tamén iso da medo


Sem comentários: