22.1.11

sábado

os versos de david huerta. as acelgas. chamar a manila. o inglés e o português. o recendo a tabaco que entra pola fiestra. o sol de inverno que quere ser primavera. os libros pra colorear de deuses maias. os narises vermellos de pallaso. os frijolitos que medran dentro das barrigas das mulleres. a numeroloxía. ser e estar. méxico. as palabras de xente que di que son artisticamente mediocre. a lista da compra. os bestiarios e os animalarios. os poetas. dubidar nas propstas. áfrica. os retos. o medo. ojalá que llueva café en el campo

querer ser e non atreverse. voltar aquí. voar. as cancións de amor que soan baixiño. os cadernos de follas amarelas. as chamadas por teléfono. os ollos azuis

facerse maior. os días que pasan tan axiña. méxico

as dúbidas. as ausencias. áfrica

escribir. o medo. áfrica

áfrica

áfrica

áfrica

2 comentários:

aultre narai disse...

Memorias de África nun futuro?

Soa ben :)

oko disse...

quen sabe. soa áfrica, soa asia. e a miña vida no ano que ven é unha inmensa dúbida