Mostrar mensagens com a etiqueta revolución. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta revolución. Mostrar todas as mensagens

1.9.08

crónica xi.

en chavedosol atopei o lugar no que ser feliz. atopei os alicerces da revolución e a ansia por cambiar o mundo. dexei que me calara a lección mil e cenmil veces: que todo ha de ser pel, que todo ha de ser pel. escoitei o ritmo da vida saudándome cada mañá, soñei amarrada a un cuatro, tan feliz. quixen quedar alí. o fermoso que debe ser envellecer na terra máis luminosa do mundo. escoitei, aprendín moito, amei as casas de cores e as camisas vermellas. sentín a revolución latexando nas rúas e no sorriso da xente. durmín cun mundo mellor dentro do peito.