21.9.06

a oito días...

Recibir resposta de X.M., engancharte a unha emisora estraña, rirte da mobilidade dos berberechos ou quedar cun delegado para falar de auga e máis auga. Pequenas cousas para ir pasando os días. Descubrir que jirafa é con j porque a j parécese máis ao pescozo da jirafa que a g, ou saber que eles son uns alarmistas e no colexio non caeu ningún tellado. Agora que lle empezo a coller gusto aos días, cando non está M., agora todo vai rematar. E teño ganas, non vaian crer, pero é que me dá medo olvidalos, de non miralos a cada momento rindo pola redacción.

5 comentários:

Anónimo disse...

Non sabía o da jirafa, está simpático... bolboreta debería escribirse con v................ volvoreta

fucafuca disse...

O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.

Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.

www.sacou.blogspot.com

Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.

POR CERTO; O correcto sería escrever "Borboleta"

Anónimo disse...

Sabe??Levo case que 3 meses agardando polo día 29 de setembro, malia que estiven contento durante o verán. Agora que xa está aquí, estou triste. Pásame como a vostede, exactamente igual. E por riba, as cousas sempre se complican máis do debido e un xa non sabe que facer. Como di miña nai: "que Dios non nos mande todo o que podemos aguantar". Simplemente, iso espero. Un bikazo frioleiro.

oko disse...

vaia, canta controversia por _ol_oreta!!!!
pois non sei que reponderlles!!!
desons, o de jirafa éinterpretación dunha xornalista moi apreciada por min, non sei se é unha regra xeral.
frioleiro, xa o sabe, eu estou igual...

Anónimo disse...

radio 3 é o mellor do mundo xD