Onte R. dixo que dez anos eran demasiado tempo para estar coa mesma muller. Dez anos son moito tempo así en xeral, engadín eu, hai dez anos xogaba con monecas. (e agora con monecos, puntualizou R.) Pero o certo é que isto fíxome pensar. É posible ficar ao carón dunha persoa durante tanto tempo? ou iso é antinatura -por moito que nos creamos seres racionais-? Estar tanto tempo coa mesma persoa non será perder parte do bo da vida?
7.9.06
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Oko, cando atopes a resposta, avísame ehhh
si que se pode
eu teño casos comprobados (e bonitos tamén)
o que pasa é que non é para todos
e non todos topan a alguén
pero se pasas o tempo con quen queres nunca é tempo desaproveitado
(aínda que sone a pastel)
Levo 21 anos coa mesma muller. E coido estar disfrutando do bo da vida...
gústame como o ve Caufield. é certo que non sempre é así, para que mentir. pero os casos que coñezo eu (meus avós, meus pais, a miña mellor amiga e o seu marido) dirían o mesmo que náufrago se lles preguntasen. creo que o segredo é, entre outras moitas cousas, a complicidade.
outro tema é que nós toque a lotería aos demais e atopemos a esa persoa única e especial. ou ela a ti....
estou a indagar, X
ao resto, respeito as vosas opinións, a vosa experiencia empírica no asunto e todo o que queiradas. a min paréceme moito tempo. supoño que non sería capaz nin sequera de plantearmo.
pero se vos conseguides ser felices, tendes a miña admiración!
non o sei jan, supoño que aínda son nova de máis para comprendelo
Enviar um comentário