22.9.05

Dous días en Fene pra despedirse. E ao final, coller un bus apuradas con apenas tempo a un par de bicos mentres o conductor sinalaba o reló de pulseira.
Dous días ben prolíficos, en canto a risas e a fotografías, que calquera diría do meu suspenso en febreiro! Mais, por non ter álbume deses que tanto se estilan nos blogs, limitareime a amosar unha foto escollida entre as moitas que saquei, e que agardo arrinque un sorriso a certo betanceiro que anda un algo tristeiro ultimamente.
E para as miñas compañeiras de viaxe, un bico e nada máis...

Ah, que me esquencía... estes dous días tamén me valeron para enterarme dalgunhas... cousiñas que non sabía...
En fin, cambiando de tema... moito odio pra tod@s!!!!!!!!!

5 comentários:

Anónimo disse...

ollar, co peteiro vermello de rubor, para o chan,
dende aquí arriba

e máis nada...
(que deixarei de fornecer cousiñas para ser contadas)

Anónimo disse...

Ola!!chamome Lucia e acabo de ollar o teu espazo ou blog.Está moi ben pero nótote melancólica.Hai q desfrutar da vida e se a vida che ensina o cu pos q cho ensine! veña muller q escribes moi ben!encantoume o teu espazo.O meu espazo xa cho anotei abaixo.Pásate por aló cando keiras.Bicos

oko disse...

non fai falla que se ruborice, señor Paxaro, que deste asunto son moi poucos os que saben. e non deixe de fornecer cousiñas para ser contadas, que é o que lle dá un algo de cor ás noites de alcol alleas!!!

Anónimo disse...

Compostela.
E unha discusión cun cristián ao respecto da súa elegancia.
O pesar por non ter respostado as chamadas no seu intre.








E ODIO!!
moito ODIO!!!

Anónimo disse...

Q chispa q chispa...(se souberamos calar a tempo que mellor nos iria...)bkñs mil