15.8.06

xa van 11 días ou 12 dende que comezou. hoxe, que fun ata O Campo, dinme conta do afortunada que son porque aquí non ardeu. E síntome inútil porque mentres os voluntarios vixían o monte, eu teño que buscar estúpidas noticias que ninguén vai ler. Pero atopeime con H., que había ben tempo que non o miraba, e falei un cacho con el. Tan riquiño coma sempre, que non lle subiron os aires madrileños á cabeza, como a outros. E pola tarde voltarei ao antro a comerme o ordenador toda a tarde. Cada vez máis claro que vou a seguir o consello de S. e M. e vou a aproveitar non ter carga ningunha para marchar, lixeira de equipaxe. Aínda queda moito por diante

1 comentário:

Anónimo disse...

Aqui non ardeu ;), pero fume hai/había. Amín pasame máis ou menos coma ti, quero axudar pero non podo (setembro está ahí).

;-)