30.11.06

O sexo dos anxos

Hoxe, as grandes axencias de prensa, as emisoras de radio de máis longo alcance e astra as emisoras de televisión autocalifícanse de veículos "informativos". O feito de que cada unha delas coincida case milimétricamente no seu radio de acción cos intereses de mercado económico-ideolóxico de emisor non eiva que, nalgún caso, cheguen a esquecer o pudor adxetivando como "libre" e independente" a súa actividade. (...) Inxenuamente algúns, con plena consciencia os máis, intentan recrear a vella ilusión do individuo que coas súas forzas pode cambiar a historia poñéndose, se preciso é, por riba dela. (...) Parecen pretender que o periodista pode introducir alteracións básicas no funcionamento da sociedade á que serve no máis estrito sentido da palabra.

Ánxel Vence. A independencia do periodista e o sexo dos anxos. 1982

É por isto, e por moitas outras cousas, polas non quero ser xornalista. Por hoxe xa está ben.

3 comentários:

Madeleine disse...

Eu non quixera ser xornalista se me obligasen a dicir o que non penso. Tampuco quixera ser xornalista se non puidese traballar de xornalista. Non quero ser xornalista se teño que estudar certas cousas. Pero aínda así, aínda quero ser...
E vostede por que sí quere ser xornalista?

Anónimo disse...

Todo o que fai que non queras ser xornalista empúrrate a selo. Unha putada, pero é que somos dunha raza especial...E iso tamén ten cousas boas. Non olvidarei a súa cara de alegría cando estabamos a ver a súa primeira intervención na tele. Detrás dese sorriso ten que quedar algo bo, non cre?

Anónimo disse...

Genial brief and this fill someone in on helped me alot in my college assignement. Say thank you you as your information.