De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
6 comentários:
Que globo máis fermoso!
Voarei.
esas dúas frases tomeinas ao pé da letra hai só uns meses, e non podes imaxinar o ben que me fixeron. que lle dean!
eu tamén quero voar con X, aver se me deixa. E por certo, por algo será ;) "for he who lives more lifes than one, more deaths than one must die"
Madeleine, para voar comigo non fai falta pedir permiso.
Por certo, a cita encantoume, grandiosa.
Grazas.
ui, que xenreira...
si, pero ás veces é difícil dicir aí te quedas...
Enviar um comentário