só ti sabes cantas veces chorei na pedra, cantísimas rin. só ti, das noites que fun á Quintana a chamarlle filladeputa á lúa por rirse de nós e estar aí arriba, tan lonxe.
pola rúa funme facendo maior, pola única rúa que me pareceu bonita o día que tiven que escoller destino. e agora marcho, nunha vorixe de caras, de datas, de recordos. nunha vorixe de cousas indefinidas que é o que está por vir. deixo moito aquí. deixo todo o que fun en catro anos. deixo a pegada de mil amores, de mil historias. nons ei cando voltarei, como di a canción. mais agardo atoparte no mesmo sitio, impertérrita, insolente. para que sigas sendo o meu refuxio. o acougo das noites das que é imposible -impensable- durmir.

4 comentários:
punto e seguido
está todo dito :)
bicos
Toda a razón, Caufield. Oko, non é a fin de nada, é o comezo de todo. Oxalá me cruce infindas veces contigo na rúa da que falas (e noutras).
tamén querería atoparme con vós. e atopareime, non o dubides.
(alan fournier, cando estea triste poderei seguir queixándome a ti par que me animes????)
Fermosísima despedida de curso.
Enviar um comentário