21.10.07

- tú tranquila, que pasas por bilbaína
- y eso... por dónde queda?


era xa bastante tarde e un bilbaíno dos de verdade dicíame que case non teño acento, e que por estética, xa son completamente vasca. curioso, verdade? era a segunda ou terceira vez que mo dicían na noite.
e como en compostela, xa empezaron a contarme historias estrañas os desconocidos, e xa identifico a algún clásico da noite.
estou en proceso de adaptación, e creo que xa me está a mudar a pel

3 comentários:

paideleo disse...

Sistema curioso de ligar dos bascos.
É broma.

E agora cóntoche un caso verídico:
Na mili que fixen en Burgos saín un día de paseo cun coruñés e bebemos un pouco, xa sabes. Había dúas rapazas sentadas e preguntáronnos de onde eramos e antes de que eu abrise a boca o coruñés respondeu: Chéirache a perrecha. Eu quedei flipado por esta resposta pero o que máis me chistou foi o que lle dixo unha das rapazas á outra. Díxolle: Uy, estos son vascos. Tanto sonido che e erre e pensou que falabamos basco.

Pásao ben por esas terras.

Murrucha disse...

Vexo que a túa pel se camufla ben por esas terras. Así e todo estás en tempo de mudala e polo que vexo vai ben. Está claro que non faltarán as doses de morriña durante a adaptación. Ela sempre aparece da man do orgullo de sentirnos galegas alá onde esteamos.

Aproveita a túa estancia nesas terras!!

oko disse...

que historia máis graciosa. igual probo a facer o mesmo, a ver que pasa :)

murrucha, idem pra ti. pásao moi ben por terras castelás :)