27.4.08

apuntamentos pra unha fin de semana

1. Non me gustaron algunhas respostas ao meu texto anterior, como unha que fixeron neste foro. Gustaríame saber de que imposicións se están a falar. Eu nunca coñecín a ninguén que lle impuxeran falar en galego (dado que non me relaciono con esa caste de políticos dos que alguén escribiu (quen fora?) que defendían o galego no parlamento pero criaban os fillos en español. En realidade nin cos desa caste nin cos de ningunha)

2. Hai hoxe un ano que rompín o pé esquerdo. O meu xeso levaba un texto de Salgado por detrás e mais media ducia de debuxos. Aprendín a lección de que a calquera situación lle podes atopar o lado bo. E conformou así o colofón do mellor curso, dos mellores meses, da mellor despedida que tiven nunca

3. Fago plans mirando o mapa. Ogallá puidese voar.

4. Descubro o fetichismo dalgunhas persoas co calzado que usan outras. Que pensar cando che falan mirando prós pés, e non prá cara?

3 comentários:

Anónimo disse...

Non penses que as cousas van a cambiar de un dia para outro.Esas personas que che falan en castelhano non o fan porque pensen queo galego non é o seu idioma.Foron ensinadas para pensar que o español precisa de toda a forza para existir e impoñerse no mundo.Non o dín pero son fanáticos españolistas.Foron educados polo nacionalismo español,non en base a unha concepción romantica dos idiomas sinon todo o contrario.Polas armas.

busto.agolada disse...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com

oko disse...

O máis terrible é que non todos son fanáticos españolistas. A meirande parte delesnon ten idea nin de como se artella o sistema político, nin nomeas máis de tres partidos. A ignorancia é moitas veces moito máis perigosa, porque é máis irracional