podería namorar do fotógrafo que me quixo tomar a instantánea máis fermosa do mundo. de feito namorei, alí subida nunha rocha alta coma o sol, coa auga a mollarme toda, mentres me contaba da obturación, da profundidade e do especial que é a luz cando enfocas cara a unha fervenza
paseniño imos atopando quen nos fala sen importar de onde vimos, quen nos ofrece amorodos durante a viaxe e nos agasalla con flores, herberas, que só nacen nas zonas altas. aquí o mundo respírase diferente. nin mellor nin peor, senón diferente
[x xa está na casa, xa chora e come e pode que sorría. e eu a sete mil quilómetros]
esperto cos galos e saúdo un milleiro de veces cando saio do centro, mentres aprendo o nome dos rapaces. escoito música pola rúa e ás veces escápaseme cantar en alto, nun idioma que aquí a xente non sabe nin que existe
aprendo a escoitarme por dentro, a controlar as enerxías positivas e negativas e en ser útil
recollo moito máis do que semento. escoito e gardo

1 comentário:
e moi fermoso atoparse cun mesmo, bicos!
Enviar um comentário