10.11.08

a cidade


a cidade é, as máis das veces, máis que un cúmulo de rúas, de edificios, de ceos grises. a cidade vive, muda de pel, fala. vai deixando pegadas no camiño, pra que a descubras aos poucos, alongando ese momento de desenvolver o agasallo máis agardado, demorarse nun bico, nunha aperta
a cidade prefire a noite, cando hai menos xente pola rúa, menos ruído, e todos temos máis facilidade pra falar
agora que vou marchando, a cidade prefire apurar os pasos e deixarme atopala a cada intre. vai poñendo xente no camiño que quizais estea a aparecer por algo. e tanto dá falar do aragonés ou de madrí ou do que é que será ser xornalista. tanto ten con quen. vou marchando e fago unha lista de cousas pendentes. entre elas, voltar canto antes

2 comentários:

rui disse...

Curioso, hai un par de semanas baixeime un dicionario de aragonés, e si a fronteira é muga coma no euskera, abraiante o ignorantes que somos (son eu, en xeral), canta riqueza descoñecida.

oko disse...

canto máis se sabe, máis parece que queda por saber, estou dacordo