11.1.09

comezando

espertamos aterecidas co frío e, para completar a mañá tristeira de casa vacía, puxen o video que j rematara de montar no nadal. ao rematar parecía que a casa estaba máis fría índa.




tiña preparada unha outra entrada pra inaugurar o ano. unha na que falaba do fermoso que estaba o ceo na casa, tinguido de cantos azuis existen. e tamén do terrible que entrou o mundo neste ano. e de celebrar aniversarios polos reis, con bocadillos de nocilla e nubes brancas e rosas. que nevou en compostela e non puiden miralo, como sempre é que perdo todo (ou case)
mais quedo coas tardes de sofá, e algúns bares, e a boa compaña e a bipolaridade dalgunha xente que en verdade nunca me preocupou o máis mínimo

e coas imaxes dun lugar no que dubido se estiven e que fan que a cabeza voe a calquera lado menos onde estou

3 comentários:

FIZ disse...

Costa traballo volver.....

Anónimo disse...

muros que etiquetan e dividen, fronteiras que convirten a unha en legal ou ilegal¿(como pode ser)?por máis que deamos voltas o mundo en muitas ocasións semella indescifrable.Un mundo que nos devora ou devoraría...construído por nós.Ogallá tódolos soños tiveran nen@s por protagonistas, cando menos ollariamos horizontes estrelecidos.

oko disse...

si que costa, fiz, por moito tempo que pasa, os pés andan polas nubes as máis das veces
anónimo, somos nós os que nos deixamos devorar polo mundo, claramente. e si, ogallá todos puideramos soñar coma nenos, diría eu