De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
Sempre voltan......
Eu ainda teño o da moto que non anda...
Bicazos
Se o escenario era Gaza ao mellor non era un pesadelo, ao mellor eran os telexornais.
tes razón, mario, igual era o telexornal
bicos aos dous
Enviar um comentário