26.8.09

do outro lado da raia (ii)

tentaba facer un alegato contra-artístico. falar de canto odio aos artistas que se cren tal, e que pasan por diante dun cun aquel de superioridade. mais comezo a crer que iso é concederlles importancia de máis. comezou o día moi cedo, viaxando e cunha chamada de teléfono bonita, que falaba de mozambique. e pensei, mozambique, que envexa. despois pensei en poemas e videopoemas, quizais motivada por un libro e máis polo entorno, que estes días é bonito
vivindo a miña primeira vez de inmersión total no estado viciño, que non é outra cousa que a parte sul do país, río con que a xeneración xabarín soubese atravesar fronteiras, e bailo sobre o río e deixo pasar as horas coma quen tece e destece unha tea agardando a que chegue algo ou alguén

19.8.09

do outro lado da raia

fago cúmulo de frases para a posteridade. di x. que a minha segunda frase célebre dos últimos tempos é "o risco de que namore é cero", xusto despois de "tenho unha casa de palla que construir".
facemos cousas estranhas, ás veces, como namorar ou casas de palla, que vén sendo coma namorar, pero precisa de máis persoas. e planificamos con un mes de adianto cousas que pode que non se poidan cumprir. e viviriamos pra sempre nunha illa, pero desas de verdade, non das inventadas
(vai calor, e (re)descubro por que non me gusta o verán)
acordo todos os días mirando o minho, esa estúpida fronteira. entón o c pregunta que é o que hai do outro lado do río. pregunta se é espanha e eu que digo que non sei, que hai quen lle chama así pero de certo debe de ser outra cousa. entón pregunta de onde son eu. e, claro, son do outro lado do río. entón el remata pensando en voz alta que a galiza é moi grande, que ao outro lado do río se lle debería chamar doutro xeito. e a min chega a parecerme que ten razón

13.8.09

...

si, é certo que os amigos son os que mellor coñecen as dores que se nos van apegando, que algo así dicía a poeta. e é por iso que nunhas horas consiguen que te olvides de todos os males que revoaban pola cabeza, e que rías tanto ata quedar sen forzas e sen voz, e que penses que en realidade nunca marchaches e todo foi unha bonita invención dunha tarde aburrida
é verán, e o verán ten as cousas malas que son a calor e as moscas, e o exceso de tempo libre. pro calquera plan e bo pra combatelo. prá semana marcho outra vez, que é sempre estar marchando un xeito de afrontar a calor. pero desta, volvo tan axiña que ninguén se decatará de que faltei ;)

4.8.09

de volta

espertei soñando que aínda estaba alá. abrin os ollos, pero non me rodeaba o papel rosa e branco nas paredes, senón a pintura verde do meu cuarto de sempre. saltei da cama e puxen as zapatillas que n me regalara. no chan durmía o astérix lexionario, que en van tratara de ler, semanas atrás, en francés. aquela noite non pasara da segunda páxina
e entón viñéronme un mundo de cousas á cabeza, dun golpe. os ollos do león (que levan instalados en min dende hai días e ameazan con quedarse), o caderno de notas perdido no aeroporto, as voces, as caras, as imaxes. os mil recados que facer
e souben que desta sería moito máis difícil aterrar na realidade

1.8.09

plunge (e viii)


os dias pasaron tan axinha que son unha mistura de cousas na cabeza. os cuartos baleiros. os adeus pinga a pinga. a festa final. oir a cancion soando a todo volume no medio da praza da vila, non sei ben por culpa de quen. cantar. bailar. bicar. miles de fotos por todas partes, ser un libro nunha biblioteca viva. a rapaza lituana que falaba galego. os te quiero de t. os debuxos, as palabras. a seguridade de volver a atoparnos -ou non-. os bicos e as apertas. o facebook. as incursions en cuartos alleos no medio da noite. e rir. axudar a d a rematar a maleta. arrastrar a a fora da cama. os paseos noturnos por caminhos poirentos. o son da z. os ollos do leon. case sen durmir. ir a riga e non saber ben onde pasar a noite, que facer. e a maleta, que agora pesa menos que a ida. e as marcas todas na pel e a roupa toda rota e o sorriso que se agocha tralas bagoas