19.8.09

do outro lado da raia

fago cúmulo de frases para a posteridade. di x. que a minha segunda frase célebre dos últimos tempos é "o risco de que namore é cero", xusto despois de "tenho unha casa de palla que construir".
facemos cousas estranhas, ás veces, como namorar ou casas de palla, que vén sendo coma namorar, pero precisa de máis persoas. e planificamos con un mes de adianto cousas que pode que non se poidan cumprir. e viviriamos pra sempre nunha illa, pero desas de verdade, non das inventadas
(vai calor, e (re)descubro por que non me gusta o verán)
acordo todos os días mirando o minho, esa estúpida fronteira. entón o c pregunta que é o que hai do outro lado do río. pregunta se é espanha e eu que digo que non sei, que hai quen lle chama así pero de certo debe de ser outra cousa. entón pregunta de onde son eu. e, claro, son do outro lado do río. entón el remata pensando en voz alta que a galiza é moi grande, que ao outro lado do río se lle debería chamar doutro xeito. e a min chega a parecerme que ten razón

2 comentários:

Anónimo disse...

entón...,entón...entón...
Unha poetisa coma ti debería dar exemplo. Inspirarse un pouco máis e inspirar os demáis.

...

oko disse...

algún problema coa palabra entón, senhor anónimo? :)

cuestión 1: a min a palabra entón resúltame apropiadísima para reproducir unha conversa

cuestión 2: poetisa? onde? quen?

cuestión 3: suponho que o de inspirarme máis debe de ser unha crítica ao blogue enteiro, e non só a esta entrada, dado que sendo a mesma persoa a que o escribe, o estilo é o mesmo (ups, repetín mesmo, desculpe :)

cuestión 4: inspirar aos demais? co que eu escribo???

cuestión 5: algunha pista da súa identidade...