21.9.09

a.

coñecino hai xa algo máis dun ano. de certo pensei moito nel nos últimos meses, pero por motivos que nin eu mesma sei, nunca me atrevín a escribirlle. hoxe abro o correo e miro que teño tres mensaxes del. nun deles, ven só o enlace cunha nova. e entón a miña cabeza comeza a facer memoria
cando coñecín a a, estaba a piques de deixar de traballar para o goberno. había dúas cousas que eran case o motor da súa vida: a cultura -na concepción máis ampla do termo- e máis a protección dos discapacitados mentales. falaba, de calquera cousa, e te envolvía coas súas palabras. desas persoas con estrela, que brillan por si propios
a miña viaxe ía rematando, e con ela as esperanzas de voltar velo. o último día recibín un paquete. quen me ía mandar un paquete a sete mil quilómetros da miña casa? e era el, claro, que percorrera mil librerías caraqueñas para dar cos libros que eu non puidera atopar. os poemas dun galego que el regalaba a unha galega -e é que hai persoas que pasan por nós sen máis. hai outras que aparecen por algo. e que agardo que nunca desaparezan de todo-

Sem comentários: