6.12.09

dúas semanas


de todas as cousas que podían ser as primeiras semanas, nada facía supor que acabaría nunha sorte de ático pintando ollos sobre un lenzo branco rodeada de adolescentes. nin asombrada sobre respostas a preguntar arredor de sexualidade (que aínda pensen que unha muller coida mellor dun neno, ou que un home que tivo moitas relacións é un home con experiencia, mentres que unha muller é unha fácil).
sempre se aprende. apréndese, por exemplo, como de diferentes son as persoas que apenas son uns anos menores. ou canto de máis fácil é relacionarse con xente dun contexto semellante, poñamos por caso o estado.
despois están cuestións de como os xornalistas, antes incluso de falar, se detectan. e de como nos lugares máis inesperados xurden as persoas máis interesantes.
e finalmente, está achegarse á realidade indíxena, cuase tanto que podes palpala coas mans, a través das palabras. e mastigas a información durante horas, sen saber que facer con ela.
e chega o sábado e o mellor plan posible é baixar a antros de modernos. e pensar do domingo como un constructo estraño. e comeza a semana de novo

Sem comentários: