9.12.09

sobre a nube que ti mesma…

a banda sonora das últimas dúas semanas pasa indubidablemente por lene. pasa por cantas cousas dixen que faría ao chegar aquí e que vou facendo aos poucos. necesito actividade para esquecer o difícil de tecer unha rede neste país, da imposibilidade de facelo de luns a venres. alén do traballo, a semana queda reducida cuase ao sábado e o domingo. e isto é parte do movemento monstruoso da cidade: as distancias son tan grandes e escurece tan cedo
(e acabo de chegar e pretendo que todo sexa como se levase aquí mil días...)
a cidade paralízase coa chegada do nadal. hai máis carros, máis xente (se é que é posible) pola rúa. colocaron unha terrible árbore xigante pola que teño que pasar todos os días, e os veciños de todo o edificio enchen as súas casas de luces que parpadean e de bonecos vestidos de papá noel. o consumismo elévase aquí á enésima potencia
entón vou no bus, facendo equilibrios para non caer nas curvas mentres leo sobre o 68 mexicano. entón aprendo a facer malabares no patio ao carón da casa. entón investigo nas rúas do barrio buscando unha costureira, unha librería de modernos, un bar. baixo á bodeguita-de-la-esquina a buscar chocolate a horas indecentes da noite. prepárome para recibir unha visita que trae un paquetiño dende a casa, directamente das mans dos meus pais
e entón si que semella, a ratos, que leve aquí un mundo de tempo
a que non me pillas
sóbrame tempo
vou!!!

Sem comentários: