"Era imposible mirar os raís un minuto seguido e non sentir dor na retina" (M. Darriba)
26.1.10
aprende a soster a culler do mellor xeito posible achègase a primeira visita, cun libro e agardo que màis dunha historia. a seguinte chegarà coa calor e van e veñen amigos de amigos e novas caras e a cidade è a cada paso menos monstruosa, màis querible e veu a primavera, tamèn
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
Sem comentários:
Enviar um comentário