3.2.11

o sol

baixo camiñando desde o traballo todos os días. unha hora. case sempre no punto exacto cruzo con el, e nos últimos días comezo a dubidar se de certo existe, se non será que só eu o podo ver
co pelo desordenado e a roupa rota e suxa, pero leva traxe, e camisa, e garabata, iso si. zapatos rotos e un libro moi grande debaixo do brazo. podería ser o código civil, un tomo de enciclopedia
ou unha novela de cabalerías
peor o título, en letras douradas, está roído de máis como pra poder lelo

invariablemente levanta os ollos do chan, mira pra min, e segue o seu camiño

e eu non sei que sentir

4 comentários:

rui disse...

Seguro que se soubera deste post habíalle gustar. Creo que a todos nos gusta que haxa alguén nalgún sitio pensando en nós.
Xa sabes, a próxima vez que te cruces con el pregúntalle polo título do libro.

oko disse...

dáme medo falarlle. mais igual tento, quen sabe ;)

rui disse...

Non son o máis adecuado para dicilo, pero é certo que o que nada arrisca, nada gaña

oko disse...

sei, máis a covardía está a perfeccionar a súa técnica en min, e cada vez buscar artimañas máis sutís para convencerme